A ABE ven de formalizar e presentar a súa candidatura ao III Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial (PEL-EPR PREMIO), na categoría destinada a asociacións.
Este ano, por vez primeira, a Deputación da Coruña inclúe unha categoría destinada ás asociacións, agrupacións, federacións e confederacións de empresarios/as da provincia da Coruña. Con este galardón de 15.000 euros preténdese recoñecer e promocionar o traballo realizado polas asociacións empresariais que impulsan a iniciativa empresarial e o emprendemento, promoven a xeración de emprego de calidade e, en definitiva, contribúen á fixación da poboación.
As Bases indicaban presentar unha memoria de soamente 7 páxinas incluíndo aspectos como; breve reseña* da entidade, servizos que presta, vantaxes para os asociados, estratexia da entidade e incluso os fitos da asociación.
Neste punto a ABE destacou a súa “Mención especial nos premios nacionais de comercio 2015 (Máximos galardóns que concede o Goberno de España en materia de comercio), tamén que é a única asociación nacional organizadora do pecha kucha ou que é a única asociación empresarial nacional que ten o selo cultura e mecenazgo outorgado polo Ministerio de Cultura e Deporte (e primeira entidade de toda España en acadalo)”
Así mesmo era obrigado presentar un vídeo promocional de menos de 3 minutos que se pode visualizar tanto na canle de youtube de boiroaberto e nas redes sociais da ABE.